BLOG DE PROGRAMAS EUROPEOS DO IES JOHAN CARBALLEIRA

BLOG DE PROGRAMAS EUROPEOS DO IES JOHAN CARBALLEIRA

viernes, 15 de mayo de 2015

OS NOSOS ERASMUS EN MELLE



Pois aquí os tedes, David e Rubén, os nosos alumnos do Ciclo Superior de Construccións Metálicas, están a ter unha estancia estupenda en Alemaña. Tanto é así que son noticia no periódico local e na web do concello, polo alto grao de satisfacción que a súa empresa de acollida ten respecto a eles, tanto no plano profesional coma humano. Todo son eloxios mutuos, o cal nos enche de "orgulllo e satisfacción".


Frank Stallkamp, responsable da empresa destaca: "Os dous se teñen adaptado de xeito excelente. Distínguense polo seu compromiso, por seren moi curiosos e pola súa perfecta integración no equipo existente".

Tal é o grao de satisfacción da empresa, que ambos recibiron a oferta de quedar tras as prácticas, cun contrato de traballo.


Non queremos pechar este post sen dar as grazas ás persoas que teñen colaborado con nós para que esta estancia en Melle fose posible, e non só iso, senon que teña superado amplamente as nosas expectativas: Hartwig Grobe (concello de Melle), Ulrike Kroneck (por abrir con infinita xenerosidade as portas da súa casa aos nosos alumnos), Frank Stallkamp (empresa de acollida) e por suposto Guada Vázquez e Rubén Andina (os nosos anxos da garda particulares).
A dilixencia, implicación e o cariño  adicados, permitiron que esta primeira experiencia saíse tan ben. Non nos chegan as palabras para agradecer a vosa colaboración.

Vielen Dank allen!!

Vos deixamos os enlaces aos artigos publicados na web do periódico local e máis do concello:




No hay comentarios:

Publicar un comentario